lunes, 19 de noviembre de 2012


Hola de novo. Aquí temos o terceiro programa da segunda temporada, dividido en catro partes.
Comezamos falando de Blancanieves, versión española a cargo de Pablo Berger, unha película en branco e negro e muda, que representará a España nos Oscar. ¿Oportunismo? ¿Casualidade? En todo caso, dará que falar.
Continuamos con outra “rareza”: Sherlock & Watson, Madrid Days, do sempre personal José Luis Garci. Unha mágoa non saber nese momento o caso das entradas desta peli (de repente aumentou un 7.000% a súa recadación na sétima semana!!!), que daría moito que comentar tamén, jeje.
E logo dúas pelis ben distintas: por un lado Manolete, con Adrian Brody, película condeada ó fracaso dende o inicio. E finalmente Salvajes, de Oliver Stone.. do Stone mais gamberro novamente.
Pois  nada, coma sempre, espero que vos guste!!
Vémonos no seguinte!!











miércoles, 7 de noviembre de 2012

Saudos a tod@s!!! Un novo programa dispoñible xa na rede. Coma sempre, teredes que disculpar, porque ó non poder exceder dos 15 minutos por corte, está dividido en 4 partes (esta vez saíu un pouco mais curto, jeje).
Neste caso só estamos Pedro e mais eu falando, debido a unha indisposición de última hora de Pax... quizais por iso ten unha duración menor(!).
Unha pena, porque seguro que Pax tamén disfroitaría despotricando da nova versión de Desafío total.
Ademais desa peli, tamén comentamos o ultimo estreno de Woody Allen, A Roma con amor (visible próximamente no cine-clube Carballiño), e Matalos Suavemente, outra colaboración do actor Brad Pitt co director Andrew Dominik, trala interesante El asesinato de Jesse James por el cobarde Tom Ford.

Pois nada, simplemente que vos guste, e vémonos en breve!!