lunes, 25 de marzo de 2013

Ola, boa semana!!
Un novo programa, o número 20 desta tempada... e un programa non apto para fans dos Wachowski nin de Almodovar, jaja.

Empezamos suavemente falando de El atlas de las nubes, que como as últimsa pelis dos Wachowski, pasou sen deixar rastro nas carteleiras. Unha ambiciosa produccion que me temo non estivo á altura.

E logo xa o prato forte: Almodovar e Los amantes pasajeros... ¿Frivolidad? ¿Nostalxia "ochentera"? En todo caso, Almodovar en estado puro, que non deixa indeferente. Opinions para tódolos gustos.

Coma sempre, quedades cos cortes e espero que vos guste!!







domingo, 10 de marzo de 2013

Ola. moi boas!
De novo por aquí con outro programa mais, neste caso o número 16 da segunda tempada.
É un programa de febreiro, onde tratamos Hitchcock, na que non se conta a vida do famosos director, se nón os seus problemas en levar adiante a rodaxe de Psicosis.
Proseguimos co retorno de Schwarzenegger con El último desafío, mais destacable por ser o debut americano do director Jee-woon Kim, que de todas formas non está a altura das súas outras pelis coma a impresionante Encontré al diablo, por exemplo.
Gansgter Squad e Mamá son as outras dúas pelis das que falamos, que tampouco acadaron as expectativas que se tiña sobre elas, en especial a segunda.

Pois nada, coma sempre esperamos que vos guste o programa, aquí tedes as ligazóns:







domingo, 3 de marzo de 2013

Moi boas!!!
Tras un parón, un programa mais...si, xa sei que prometera intentar mantelos actualizados... pero é ben dificil!!!

Neste caso temos o programa numero 14 desta segunda tempada, onde tratamos:
- LINCOLN, onde aproveitamos para darlle un pouco a Steven Spielberg.. que ultimamente o merece
- DJANGO DESENCADENADO, onde tamén lle pegamos a Tarantino
-The Master, a espectacular película de P.T. Anderson, e a súa polémica sobre a cienciologia.
- E rematamos cunha quiniela sobre os oscar...q vista despois é moi facil criticar, jajaja.

O progarma é un algo antigo, de xaneuro.. asi que novamente perdón, porque xa está un pocuo desfasado.

Quedan os enlaces coma sempre. un saúdo e espero que vos guste: