martes, 25 de junio de 2013

Moi boas!! Programa numero 28, con certos problemas técnicos, jeje. Vexamos:

Empezamos ocupándonos de El Gran Gatsby, novo delirio visual de Bazz Luhrmann, que ten os seus seguidores fieis, entre os cales creo que non nos atopamos.....e menos sendo admiradores do libro.
Seguimos coa producción francesa Un gran equipo, con José García a cabeza. Humor francés, coa excusa do futbol neste caso.
Cambiamos ás supreproduccions americanas con Objetivo:la casa blanca, peli de accion onde o mais chamativo é que os malos son norcoreanos. Xa tardaban.....
E finalizamos con Stoker, incursion no panorama americano de Patk Chan-woo, cinta de terror, moi particular, moi inquedante...

E a continuacion os cortes, pero como certa produtora da cal non direi o nome (leva o nome dun animal simbolo da astucia) é moi tiquismiquis, veredes que falta algun trailer: O primeiro corte non aparece, por iso hai un enlace directo a youtube. No segundo, precisamente onde se falaba de Stoker, non está o trailer. E no terceiro, falta tanto o trailer coma a banda sonora orixinal. De feito, non sei se incluso estará suprimido ese terceiro corte...

En fin, aqui vos quedan os cortes e podedes comentar coma sempre que vos parece, ou diretamente se os podedes ver ou non, jaja.
Un saúdo!





martes, 18 de junio de 2013

Ola. Un programa mais, o numero 27, no que nos ocupamos destes temas:

Iron Man 3, un dos primeiros blockbusters do ano, coa sombra alargada de Robert Downey Jr. sobre o personaxe de Marvel Comics. Neste caso, unha das poucas pelis que si poidemos ver antes de criticar, jeje, asi que estendemonos bastante sobre ela, sobre o propio personaxe e sobre o actor que o incarna.
Combustion, esa version española de A todo gas ou Fast & Furious, dirixida por Daniel Calparsoro. Unha nova oportunidade para ver como anda o cine español, en experimentos un tanto alleos...

Así que nada, en espera de que poida solventar os problemas do seguinte programa, aqui vos quedan as ligazóns deste. Un saúdo e esperamos que vos guste.







lunes, 10 de junio de 2013

Moi boas!!! Programa 2x26. Quédanos un pouco atrás, pero ímonos poñendo ó día pouco a pouco, jeje.

Comezamos o programa coa resposta zombie a Crepusculo: Memorias de un zombie adolescente. Almíbar en cantidade, pero con mais gracia que a saga de vampiros en homes lobo enamorados, e menos aburrida.
Seguimos con esa "rara avis" de Hollywood que é Gus van SAnt e a súa Tierra prometida. Lonxe dos seus experimentos (Elephant, Gerry), aparece o van Sant mais "asimilado" (Good Will Hunting, Descubriendo a Forrester) para falarnos das bondades da natureza fronte a cidade nun peli con toques ecoloxistas... o que non deixa de ser curiosos cando unha das produtoras é Image Nation Abu Dhabi FZ, empresa dun dos paises produtores de petróleo...
E rematamos coa adaptacion de On the road, de Kerouac....experimento dificil onde os haxa, e que probablemente non deixe contento aos seguidores do escritor. Secundarios de luxo: Amy Adams, Viggo Mortensen, Steve Buscemi, Kirsten Dunst....


Así que aquí vos queda o programa, esperando coma sempre que vos guste. Un saúdo!









lunes, 3 de junio de 2013

Moi boas! Un programa mais, e neste caso imos un pasiño para atras: o número 24. A entrada anterior foi o programa 25, pero daquela aínda non tiñamos este dispoñible. Pero a partir de agora, xa irán en orde.

Así pois, neste tocamos tres temas:
Primeiro falamos de Tesis sobre un homicidio, de Hernán Golfrid, con ricardo Darín e Alberto Ammán. Inevitable falar tanto de Darín como do estado do cine arxentino, do que sempre chegan películas interesantes ás carteleiras españolas.
Seguimos coa nova versión de Evil Dead (Posesion infernal). Innecesario remake da pelicula de Sam Raimi, peeero, as ideas boas escasean e hai que tirar das vellas.
E rematamos con Efectos secundarios, a peli de Steven Soderbergh, na que retoma un pouco a idea da súa anterior obra, Contagio, neste caso tirando sobre as grandes empresas farmacéuticas. Película que por certo poderedes ver no cine clube Carballiño o venres dia 14.

Pois aquí vos queda o programa.
Un saúdo e esperamos que vos guste: