lunes, 10 de junio de 2013

Moi boas!!! Programa 2x26. Quédanos un pouco atrás, pero ímonos poñendo ó día pouco a pouco, jeje.

Comezamos o programa coa resposta zombie a Crepusculo: Memorias de un zombie adolescente. Almíbar en cantidade, pero con mais gracia que a saga de vampiros en homes lobo enamorados, e menos aburrida.
Seguimos con esa "rara avis" de Hollywood que é Gus van SAnt e a súa Tierra prometida. Lonxe dos seus experimentos (Elephant, Gerry), aparece o van Sant mais "asimilado" (Good Will Hunting, Descubriendo a Forrester) para falarnos das bondades da natureza fronte a cidade nun peli con toques ecoloxistas... o que non deixa de ser curiosos cando unha das produtoras é Image Nation Abu Dhabi FZ, empresa dun dos paises produtores de petróleo...
E rematamos coa adaptacion de On the road, de Kerouac....experimento dificil onde os haxa, e que probablemente non deixe contento aos seguidores do escritor. Secundarios de luxo: Amy Adams, Viggo Mortensen, Steve Buscemi, Kirsten Dunst....


Así que aquí vos queda o programa, esperando coma sempre que vos guste. Un saúdo!









No hay comentarios:

Publicar un comentario