lunes, 3 de junio de 2013

Moi boas! Un programa mais, e neste caso imos un pasiño para atras: o número 24. A entrada anterior foi o programa 25, pero daquela aínda non tiñamos este dispoñible. Pero a partir de agora, xa irán en orde.

Así pois, neste tocamos tres temas:
Primeiro falamos de Tesis sobre un homicidio, de Hernán Golfrid, con ricardo Darín e Alberto Ammán. Inevitable falar tanto de Darín como do estado do cine arxentino, do que sempre chegan películas interesantes ás carteleiras españolas.
Seguimos coa nova versión de Evil Dead (Posesion infernal). Innecesario remake da pelicula de Sam Raimi, peeero, as ideas boas escasean e hai que tirar das vellas.
E rematamos con Efectos secundarios, a peli de Steven Soderbergh, na que retoma un pouco a idea da súa anterior obra, Contagio, neste caso tirando sobre as grandes empresas farmacéuticas. Película que por certo poderedes ver no cine clube Carballiño o venres dia 14.

Pois aquí vos queda o programa.
Un saúdo e esperamos que vos guste:





No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada