martes, 25 de junio de 2013

Moi boas!! Programa numero 28, con certos problemas técnicos, jeje. Vexamos:

Empezamos ocupándonos de El Gran Gatsby, novo delirio visual de Bazz Luhrmann, que ten os seus seguidores fieis, entre os cales creo que non nos atopamos.....e menos sendo admiradores do libro.
Seguimos coa producción francesa Un gran equipo, con José García a cabeza. Humor francés, coa excusa do futbol neste caso.
Cambiamos ás supreproduccions americanas con Objetivo:la casa blanca, peli de accion onde o mais chamativo é que os malos son norcoreanos. Xa tardaban.....
E finalizamos con Stoker, incursion no panorama americano de Patk Chan-woo, cinta de terror, moi particular, moi inquedante...

E a continuacion os cortes, pero como certa produtora da cal non direi o nome (leva o nome dun animal simbolo da astucia) é moi tiquismiquis, veredes que falta algun trailer: O primeiro corte non aparece, por iso hai un enlace directo a youtube. No segundo, precisamente onde se falaba de Stoker, non está o trailer. E no terceiro, falta tanto o trailer coma a banda sonora orixinal. De feito, non sei se incluso estará suprimido ese terceiro corte...

En fin, aqui vos quedan os cortes e podedes comentar coma sempre que vos parece, ou diretamente se os podedes ver ou non, jaja.
Un saúdo!





No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada