martes, 16 de abril de 2013

Ola de novo.
Programa 23 da segunda temporada, do 27 de marzo, coma sempre con retraso, ademais de perder algúns polo camiño, coma o anterior, no que na miña opinión estivemos bastante inspirados, jejej.. peeeero, no está na miña man.. unha pena.

Pero bueno, centrémonos neste, no que tratamos 3 temas, tentando axustar a duracion do programa a unha media hora mais ou menos (que nos poñemos afalar e non nos enteremaos do tempo que pasa!!!).
Comezamos falando dun dos blockbusters do ano: GI Joe: Venganza.... onde botamos unhas risas coa defensa acérrima que fixo Pedro dela, jeje.
Seguimos con Por la cara, outra desas comedias da factoria Apatow, que por desgracia analizamos mais en profundidade, xunto coa nova comedia americana, nun programa anterior que non está colgado.
E rematamos con Los últimos días, novo intento de ciencia-ficción española, cunha boa campaña de promoción por detrás.

E nada mais, aquí quedan as ligazóns. Esperamos que vos guste... remato coa promesa (que moi probablemente non poderei cumprir) de tentar subir mais programas mais a miúdo....

Un saúdo!!