martes, 16 de abril de 2013

Ola de novo.
Programa 23 da segunda temporada, do 27 de marzo, coma sempre con retraso, ademais de perder algúns polo camiño, coma o anterior, no que na miña opinión estivemos bastante inspirados, jejej.. peeeero, no está na miña man.. unha pena.

Pero bueno, centrémonos neste, no que tratamos 3 temas, tentando axustar a duracion do programa a unha media hora mais ou menos (que nos poñemos afalar e non nos enteremaos do tempo que pasa!!!).
Comezamos falando dun dos blockbusters do ano: GI Joe: Venganza.... onde botamos unhas risas coa defensa acérrima que fixo Pedro dela, jeje.
Seguimos con Por la cara, outra desas comedias da factoria Apatow, que por desgracia analizamos mais en profundidade, xunto coa nova comedia americana, nun programa anterior que non está colgado.
E rematamos con Los últimos días, novo intento de ciencia-ficción española, cunha boa campaña de promoción por detrás.

E nada mais, aquí quedan as ligazóns. Esperamos que vos guste... remato coa promesa (que moi probablemente non poderei cumprir) de tentar subir mais programas mais a miúdo....

Un saúdo!!





lunes, 25 de marzo de 2013

Ola, boa semana!!
Un novo programa, o número 20 desta tempada... e un programa non apto para fans dos Wachowski nin de Almodovar, jaja.

Empezamos suavemente falando de El atlas de las nubes, que como as últimsa pelis dos Wachowski, pasou sen deixar rastro nas carteleiras. Unha ambiciosa produccion que me temo non estivo á altura.

E logo xa o prato forte: Almodovar e Los amantes pasajeros... ¿Frivolidad? ¿Nostalxia "ochentera"? En todo caso, Almodovar en estado puro, que non deixa indeferente. Opinions para tódolos gustos.

Coma sempre, quedades cos cortes e espero que vos guste!!







domingo, 10 de marzo de 2013

Ola. moi boas!
De novo por aquí con outro programa mais, neste caso o número 16 da segunda tempada.
É un programa de febreiro, onde tratamos Hitchcock, na que non se conta a vida do famosos director, se nón os seus problemas en levar adiante a rodaxe de Psicosis.
Proseguimos co retorno de Schwarzenegger con El último desafío, mais destacable por ser o debut americano do director Jee-woon Kim, que de todas formas non está a altura das súas outras pelis coma a impresionante Encontré al diablo, por exemplo.
Gansgter Squad e Mamá son as outras dúas pelis das que falamos, que tampouco acadaron as expectativas que se tiña sobre elas, en especial a segunda.

Pois nada, coma sempre esperamos que vos guste o programa, aquí tedes as ligazóns:







domingo, 3 de marzo de 2013

Moi boas!!!
Tras un parón, un programa mais...si, xa sei que prometera intentar mantelos actualizados... pero é ben dificil!!!

Neste caso temos o programa numero 14 desta segunda tempada, onde tratamos:
- LINCOLN, onde aproveitamos para darlle un pouco a Steven Spielberg.. que ultimamente o merece
- DJANGO DESENCADENADO, onde tamén lle pegamos a Tarantino
-The Master, a espectacular película de P.T. Anderson, e a súa polémica sobre a cienciologia.
- E rematamos cunha quiniela sobre os oscar...q vista despois é moi facil criticar, jajaja.

O progarma é un algo antigo, de xaneuro.. asi que novamente perdón, porque xa está un pocuo desfasado.

Quedan os enlaces coma sempre. un saúdo e espero que vos guste:








viernes, 8 de febrero de 2013

Pois continuamos cos programas de resumo do ano pasado. Neste caso estendémonos un pouco mais, e tocamos xa as polémicas. Se no anterior falabamos das pelis que triunfaron, neste toca dar caña, así que comentamos as que fracasaron ou non cubriron as expectativas.
Deixamos para o final unha película que queda, ao noso entender, no medio, pero envolta de polémica. ¿cal é?... Pois teredes que velo vos mesmos, jejeje.. admítense apostas!!!

Un saúdo e aquí vos queda o programa (de novo perdón por ter que dividilo en 6 partes, pero non hai alternativa)


















lunes, 21 de enero de 2013

Moi boas!
Hoxe toca programa resumo. Neste programa, e no seguinte, facemos un pequeno resumo sobre os éxitos e os fracasos do ano 2012: aquelas pelis que triunfaron a nivel de público e/ou crítica; así como aquelas que non cubriron as expectativas, ou que directamente déronse o batacazo.
O repaso cubrirá dous programas. Éste, como veredes, será curtiño, e no seguinte xa nos estenderemos mais.

A ver se coincidides con nos!!

Un saúdo!!



martes, 8 de enero de 2013

Mois boas!! Despois das festas, un programa mais subido... ainda que algo antigo, pero merece moito a pena, jeje.  Falamos de varias ocusas, pero coa excusa do estreno no seu momento de El hombre de los puños de hierro, e vendo que o produtor era Tarantiuno, pois case que nos pasamos todo o programa discutindo sobre él... e lamentándoo polos fans do director... creo que non o puxemos moi ben!! jeje.
En todo caso, creo que foi unha conversa moi interesante sobre Tarantino, e sobre todo moi naimada!!.

Ademais, esta vez son so cortes. asi uqe é mais facil de dixerir.
Coma sempre, espero que vos guste!!!