lunes, 19 de noviembre de 2012


Hola de novo. Aquí temos o terceiro programa da segunda temporada, dividido en catro partes.
Comezamos falando de Blancanieves, versión española a cargo de Pablo Berger, unha película en branco e negro e muda, que representará a España nos Oscar. ¿Oportunismo? ¿Casualidade? En todo caso, dará que falar.
Continuamos con outra “rareza”: Sherlock & Watson, Madrid Days, do sempre personal José Luis Garci. Unha mágoa non saber nese momento o caso das entradas desta peli (de repente aumentou un 7.000% a súa recadación na sétima semana!!!), que daría moito que comentar tamén, jeje.
E logo dúas pelis ben distintas: por un lado Manolete, con Adrian Brody, película condeada ó fracaso dende o inicio. E finalmente Salvajes, de Oliver Stone.. do Stone mais gamberro novamente.
Pois  nada, coma sempre, espero que vos guste!!
Vémonos no seguinte!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario