lunes, 3 de diciembre de 2012

Mois boas de novo!
Outro programa mais, nesta ocasión o número 6, un especial sobre James Bond, xa que se cumpren 50 anos da súa estrea no cine, así coma do recente estreno da última entrega ata o de agora: Skyfall.

Así que facemos un repaso sobre os elementos míticos da saga: os villanos, as rapazas, os cachivaches, as escenas de accion, a música... en resumo, do que fixo do axente 007 un icono do cine de acción. E tomamos o pulso sobre como está de saúde: se aínda segue en forma, sendo unha referencia, ou se xa quedou anticuado.

Un interesante programa no que coñeceredes tamén algunhas cousas soprendentes sobre James Bond, aínda que coma sempre, seguro que hai outras das que nos olvidamos, ou das que nos quedamos sen falar por falta de tempo, jeje.

Pois nada, sen mais, aí tedes as ligazóns e, coma sempre, esperemos que vos guste.








No hay comentarios:

Publicar un comentario