lunes, 10 de diciembre de 2012


Moi boas!! Un programa mais de Sétima Arte, neste caso, coma no anterior, un especial: sobre series de TV. Aclarar que é o programa número 8. Queda no limbo o número sete, pero bueno, qué lle imos facer….
E como dicía, neste programa botamos unha ollada sobre as series de televisión dos últimos anos. Centrámonos  nas series aparecidas, mais ou menos, dende finais dos anos 90 e que marcan un antes e un despois na forma de entender a TV pola súa calidade, innovación e atrevemento: Los Soprano, House, Perdidos, 24, Juego de Tronos, The Walking Dead, Dexter, Mad Men, CSI, The Wire, American Horror Story, Roma, True Blood…. Unha infinidade de títulos que fixeron das series de TV neste novo milenio un referente no ocio.
Evidentemente, non da tempo a analizar título por título, aínda que creo que chegamos a abarcar bastantes. Por elo, a duración do programa é un pouquiño mais do habitual, de tal forma que neste caso vinme na obriga de dividilo en 7 partes (perdón polas molestias).  Na primeira, a intro vai sen son, pero logo xa se nos oe. E ademais, na segunda parte tiven que eliminar tamén o corte sobre House, que en YouTube están moi quisquillosos cos direitos, jeje.
Pois nada, coma sempre, espero que vos guste, e que vos sirva para animaros a ver esa serie que vos pasou un pouco desapercibida ou que directamente non coñeciades. Hainas para todo os gustos!!!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario