Pois continuamos cos programas de resumo do ano pasado. Neste caso estendémonos un pouco mais, e tocamos xa as polémicas. Se no anterior falabamos das pelis que triunfaron, neste toca dar caña, así que comentamos as que fracasaron ou non cubriron as expectativas.
Deixamos para o final unha película que queda, ao noso entender, no medio, pero envolta de polémica. ¿cal é?... Pois teredes que velo vos mesmos, jejeje.. admítense apostas!!!
Un saúdo e aquí vos queda o programa (de novo perdón por ter que dividilo en 6 partes, pero non hai alternativa)
lunes, 21 de enero de 2013
Moi boas!
Hoxe toca programa resumo. Neste programa, e no seguinte, facemos un pequeno resumo sobre os éxitos e os fracasos do ano 2012: aquelas pelis que triunfaron a nivel de público e/ou crítica; así como aquelas que non cubriron as expectativas, ou que directamente déronse o batacazo.
O repaso cubrirá dous programas. Éste, como veredes, será curtiño, e no seguinte xa nos estenderemos mais.
A ver se coincidides con nos!!
Un saúdo!!
martes, 8 de enero de 2013
Mois boas!! Despois das festas, un programa mais subido... ainda que algo antigo, pero merece moito a pena, jeje. Falamos de varias ocusas, pero coa excusa do estreno no seu momento de El hombre de los puños de hierro, e vendo que o produtor era Tarantiuno, pois case que nos pasamos todo o programa discutindo sobre él... e lamentándoo polos fans do director... creo que non o puxemos moi ben!! jeje.
En todo caso, creo que foi unha conversa moi interesante sobre Tarantino, e sobre todo moi naimada!!.
Ademais, esta vez son so cortes. asi uqe é mais facil de dixerir.
Coma sempre, espero que vos guste!!!
lunes, 10 de diciembre de 2012
Moi boas!! Un programa
mais de Sétima Arte, neste caso, coma no anterior, un especial: sobre series de
TV. Aclarar que é o programa número 8. Queda no limbo o número sete, pero
bueno, qué lle imos facer….
E como dicía,
neste programa botamos unha ollada sobre as series de televisión dos últimos
anos. Centrámonos nas series aparecidas,
mais ou menos, dende finais dos anos 90 e que marcan un antes e un despois na
forma de entender a TV pola súa calidade, innovación e atrevemento: Los
Soprano, House, Perdidos, 24, Juego de Tronos, The Walking Dead, Dexter, Mad
Men, CSI, The Wire, American Horror Story, Roma, True Blood…. Unha infinidade
de títulos que fixeron das series de TV neste novo milenio un referente no
ocio.
Evidentemente,
non da tempo a analizar título por título, aínda que creo que chegamos a
abarcar bastantes. Por elo, a duración do programa é un pouquiño mais do
habitual, de tal forma que neste caso vinme na obriga de dividilo en 7 partes
(perdón polas molestias). Na primeira, a intro vai sen son, pero logo xa se nos oe. E ademais, na segunda parte tiven que eliminar tamén
o corte sobre House, que en YouTube están moi quisquillosos cos direitos, jeje.
Pois nada, coma
sempre, espero que vos guste, e que vos sirva para animaros a ver esa serie que
vos pasou un pouco desapercibida ou que directamente non coñeciades. Hainas para
todo os gustos!!!
lunes, 3 de diciembre de 2012
Mois boas de novo!
Outro programa mais, nesta ocasión o número 6, un especial sobre James Bond, xa que se cumpren 50 anos da súa estrea no cine, así coma do recente estreno da última entrega ata o de agora: Skyfall.
Así que facemos un repaso sobre os elementos míticos da saga: os villanos, as rapazas, os cachivaches, as escenas de accion, a música... en resumo, do que fixo do axente 007 un icono do cine de acción. E tomamos o pulso sobre como está de saúde: se aínda segue en forma, sendo unha referencia, ou se xa quedou anticuado.
Un interesante programa no que coñeceredes tamén algunhas cousas soprendentes sobre James Bond, aínda que coma sempre, seguro que hai outras das que nos olvidamos, ou das que nos quedamos sen falar por falta de tempo, jeje.
Pois nada, sen mais, aí tedes as ligazóns e, coma sempre, esperemos que vos guste.
lunes, 19 de noviembre de 2012
Hola de novo.
Aquí temos o terceiro programa da segunda temporada, dividido en catro partes.
Comezamos falando
de Blancanieves, versión española a cargo de Pablo Berger, unha película en
branco e negro e muda, que representará a España nos Oscar. ¿Oportunismo?
¿Casualidade? En todo caso, dará que falar.
Continuamos con
outra “rareza”: Sherlock & Watson, Madrid Days, do sempre personal José
Luis Garci. Unha mágoa non saber nese momento o caso das entradas desta peli
(de repente aumentou un 7.000% a súa recadación na sétima semana!!!), que daría
moito que comentar tamén, jeje.
E logo dúas pelis
ben distintas: por un lado Manolete, con Adrian Brody, película condeada ó
fracaso dende o inicio. E finalmente Salvajes, de Oliver Stone.. do Stone mais
gamberro novamente.
Pois nada, coma sempre, espero que vos guste!!
Vémonos no
seguinte!!
miércoles, 7 de noviembre de 2012
Saudos a tod@s!!! Un novo programa dispoñible xa na rede. Coma sempre, teredes que disculpar, porque ó non poder exceder dos 15 minutos por corte, está dividido en 4 partes (esta vez saíu un pouco mais curto, jeje).
Neste caso só estamos Pedro e mais eu falando, debido a unha indisposición de última hora de Pax... quizais por iso ten unha duración menor(!).
Unha pena, porque seguro que Pax tamén disfroitaría despotricando da nova versión de Desafío total.
Ademais desa peli, tamén comentamos o ultimo estreno de Woody Allen, A Roma con amor (visible próximamente no cine-clube Carballiño), e Matalos Suavemente, outra colaboración do actor Brad Pitt co director Andrew Dominik, trala interesante El asesinato de Jesse James por el cobarde Tom Ford.
Pois nada, simplemente que vos guste, e vémonos en breve!!