lunes, 10 de diciembre de 2012


Moi boas!! Un programa mais de Sétima Arte, neste caso, coma no anterior, un especial: sobre series de TV. Aclarar que é o programa número 8. Queda no limbo o número sete, pero bueno, qué lle imos facer….
E como dicía, neste programa botamos unha ollada sobre as series de televisión dos últimos anos. Centrámonos  nas series aparecidas, mais ou menos, dende finais dos anos 90 e que marcan un antes e un despois na forma de entender a TV pola súa calidade, innovación e atrevemento: Los Soprano, House, Perdidos, 24, Juego de Tronos, The Walking Dead, Dexter, Mad Men, CSI, The Wire, American Horror Story, Roma, True Blood…. Unha infinidade de títulos que fixeron das series de TV neste novo milenio un referente no ocio.
Evidentemente, non da tempo a analizar título por título, aínda que creo que chegamos a abarcar bastantes. Por elo, a duración do programa é un pouquiño mais do habitual, de tal forma que neste caso vinme na obriga de dividilo en 7 partes (perdón polas molestias).  Na primeira, a intro vai sen son, pero logo xa se nos oe. E ademais, na segunda parte tiven que eliminar tamén o corte sobre House, que en YouTube están moi quisquillosos cos direitos, jeje.
Pois nada, coma sempre, espero que vos guste, e que vos sirva para animaros a ver esa serie que vos pasou un pouco desapercibida ou que directamente non coñeciades. Hainas para todo os gustos!!!



















lunes, 3 de diciembre de 2012

Mois boas de novo!
Outro programa mais, nesta ocasión o número 6, un especial sobre James Bond, xa que se cumpren 50 anos da súa estrea no cine, así coma do recente estreno da última entrega ata o de agora: Skyfall.

Así que facemos un repaso sobre os elementos míticos da saga: os villanos, as rapazas, os cachivaches, as escenas de accion, a música... en resumo, do que fixo do axente 007 un icono do cine de acción. E tomamos o pulso sobre como está de saúde: se aínda segue en forma, sendo unha referencia, ou se xa quedou anticuado.

Un interesante programa no que coñeceredes tamén algunhas cousas soprendentes sobre James Bond, aínda que coma sempre, seguro que hai outras das que nos olvidamos, ou das que nos quedamos sen falar por falta de tempo, jeje.

Pois nada, sen mais, aí tedes as ligazóns e, coma sempre, esperemos que vos guste.








lunes, 19 de noviembre de 2012


Hola de novo. Aquí temos o terceiro programa da segunda temporada, dividido en catro partes.
Comezamos falando de Blancanieves, versión española a cargo de Pablo Berger, unha película en branco e negro e muda, que representará a España nos Oscar. ¿Oportunismo? ¿Casualidade? En todo caso, dará que falar.
Continuamos con outra “rareza”: Sherlock & Watson, Madrid Days, do sempre personal José Luis Garci. Unha mágoa non saber nese momento o caso das entradas desta peli (de repente aumentou un 7.000% a súa recadación na sétima semana!!!), que daría moito que comentar tamén, jeje.
E logo dúas pelis ben distintas: por un lado Manolete, con Adrian Brody, película condeada ó fracaso dende o inicio. E finalmente Salvajes, de Oliver Stone.. do Stone mais gamberro novamente.
Pois  nada, coma sempre, espero que vos guste!!
Vémonos no seguinte!!











miércoles, 7 de noviembre de 2012

Saudos a tod@s!!! Un novo programa dispoñible xa na rede. Coma sempre, teredes que disculpar, porque ó non poder exceder dos 15 minutos por corte, está dividido en 4 partes (esta vez saíu un pouco mais curto, jeje).
Neste caso só estamos Pedro e mais eu falando, debido a unha indisposición de última hora de Pax... quizais por iso ten unha duración menor(!).
Unha pena, porque seguro que Pax tamén disfroitaría despotricando da nova versión de Desafío total.
Ademais desa peli, tamén comentamos o ultimo estreno de Woody Allen, A Roma con amor (visible próximamente no cine-clube Carballiño), e Matalos Suavemente, outra colaboración do actor Brad Pitt co director Andrew Dominik, trala interesante El asesinato de Jesse James por el cobarde Tom Ford.

Pois nada, simplemente que vos guste, e vémonos en breve!!











lunes, 22 de octubre de 2012

Moi boas a todos!!!!
Primeiro de todo, desculpas porque quedaron moitos programas da temporada pasada sen subir, e penso que vai ser difícil facelo ahora, jeje.
Pero esta temporada tentaremos levalos mais actualizados (pero é un rollo subilos, jeje) Prometo que se intentará, para que non queden tan desfasados.

E ben, neste primeiro programa, do 19/09/2012, simplemente facemos un repaso ás pelis do verán: Prometheus, Spider-Man, Batman .... Interesante os comentarios sobre Prometheus, xa que poderedes vela este fin de semana no Cine-Club do Carballiño. Aquí tedes a nosa opinión, non libre de polémica, jaja.

Tamén comentamos ó principio o polémico tema da subida das entradas do cine, como non podería ser de outra maneira....

Bueno, espero que vos guste este programa, que nos quedou ben longo. E disculpade tamén por ter que trocealo en 6 partes, pero o youtube é o que ten cando es un pouco ilegal, jeje.




















lunes, 10 de septiembre de 2012


Bueno, para ir abrindo boca para a próxima tempada, que espero comecemos en breve, deixovos a programa nº9, do 20 de marzo. Sí, xa sei que é moito retraso, e que faltan outros programas, pero non depende de min, asi que....
Espero subir un par mais de programas estes días... que son os que teño, nada mais. Unha pena, porque fixemos algún espectacular, jeje. A ver si os dera conseguido.
Pero en fin, que me lío: aquí está o programa nº9. Falamos de actores que se meten a directores co gallo do estreno de duas peliculas coma Os Idus de Marzo e En Tierra de sangre y miel
Pois aí quedades co programa, e a ver se vos animades a comentar algo!!










miércoles, 9 de mayo de 2012

Programa nº6, del 17/02/2012.
(Si, subido con mas retraso todavía, jeje)

Pues en este caso comentamos la previa a la ceremonia de los Oscar: favoritos (aunque creo que estaba claro), y las ausencias. Quizás sea mas interesante lo de las ausencias, y aprovechándolo, le dimos también un pequeño "repaso" a los Oscar en general, con sus cosas especiales, manías.. y formas de alcanzar una nominación.
Y como este año había bastante ilustre nominado (Scorsese, Malick, Spielberg...) pues también analizamos un poco a esos directores y su relación con los premios.
Aquí está el programa, y en este caso, en un solo corte.. a pesar de que nos enrollamos bastante, jeje.
Como siempre, espero que os guste: